Martes. 30.04.2024
El tiempo

O muxián Manel, novo presidente da Asociación Galega de Policías Locais (UGPOL)

Manel Policia Local de Muxia no medio presidente da UGPOL
O muxián Manel, no medio, o novo presidente da UGPOL
O muxián Manel, novo presidente da Asociación Galega de Policías Locais (UGPOL)

Ratificouse na asemblea da Asociación Galega de Policías Locais (UGPOL), integrada por Comandantes e Policías (máis de 200 Vogais) e con maior representación de Galicia, a consitución da nova Xunta Directiva.

O novo presidente é Manel, Policía Local de Muxía que ten demostrado o seu compromiso, valentía e dedicación con varios recoñecementos: O Meninas 2023, ou a Medalla ao Mérito da Policía Local en 2020.

Menal estará acompañado na directiva por Xoán Carlos, da Policía Local da Coruña, como Secretario; Carlos, da Policía Local de Ourense, o Tesoureiro; e os vogais Xosé, da Policía Local de Vigo e Francisco, da Policía Local de Ourense.

A APP costeira/mundial TAS, oficina oficial virtual de Obxectos Perdidos

Ruben Prieto explicando o TAS aos Policias Locais
Rubén Prieto explicando o TAS aos Policías Locais

Tivo lugar ademais a conferencia formativa do creador da Aplicación “Tempo e Espazo” (TAS). O polifacético ceense Rubén Prieto,  explicou as vantaxes da aplicación en diversos aspectos, pero sobre todo a importancia de ser utilizada cando se recupera un obxecto perdido. Con esta aplicación, as persoas que perdan un obxecto poden localizalo e recuperalo de forma máis rápida e sinxela coa axuda da citada aplicación TAS. As persoas só teñen que descargar esta aplicación de xeito gratuíto e na Xefatura da Policía Local de Galicia, cargar na devandita aplicación os obxectos atopados e/ou que se entreguen.

Tamén se procedeu a dar conta de todas as actuacións realizadas pola actual directiva, concretamente desde a celebración da última asemblea ata a data actual. Entre eles, destacan os esforzos e reunións realizadas coa Delegación do Goberno e a Xunta de Galicia, entre outros.
Ademais, tivo coñecemento de varios convenios conseguidos pola entidade para os profesionais: 

  • Convenios de Colaboración con varias universidades (UNIR, ISFES, UOC) que ofrecen grandes descontos nas matrículas para a realización de Graos e ensinanzas;
  • Convenios de colaboración con entidades sanitarias, con descontos para Socixs;
  • Convenios de colaboración con entidades aseguradoras (Línea Directa, ...), con descontos para Socixs en todo tipo de seguros, automóbiles, fogar.

A entidade tamén deu conta da compra de equipos con recursos propios, como un RPAS (DRON), kits de detención de drogas e outros.

Máis novas

Comentarios