Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O equipo Muxía en Órbita vén de proclamarse campión da fase rexional do desafío CanSat

Equipo Muxia Orbita CanSat
O equipo Muxía en Órbita vén de proclamarse campión da fase rexional do desafío CanSat

Espactacular o traballo científico que promove o IES Ramón Caamaño de Muxía. Un dos seus grupos de 4ºESO veñen de participar na fase galega do desafío CanSat, un reto proposto pola Axencia Espacial Europea, que desafía ás rapazas e rapaces en idade escolar a deseñar un satélite do tamaño dunha lata de refrescos, que debe recoller diferentes medidas, transmitilas de xeito inalámbrico e aterrar de xeito seguro.

E o equipo Muxía en órbita, coa súa misión secundaria sostible, artística e inclusiva, quedou campión da fase galega, despis de realizar o seu “lanzamento” no aeródromo de Cerceda.

Por unha parte trataron de recuperar a enerxía perdida en forma de calor empregando materiais termoeléctricos, mentres que pola outra crearon unha melodía a partir dos datos recollidos, empregando a intelixencia artificial. Tras algúns imprevistos de última hora, lograron realizar todas as misións con éxito, o que permitiu que se alzasen coa vitoria, tras unha gran defensa do seu proxecto perante o xurado.

Agora, os muxiáns deberán representar á comunidade na fase estatal, que se celebrará en Murcia os vindeiros 16 e 17 de maio.

Este proxecto non sería posible sen a rede de colaboradores coa que contaron, todos eles empresas e asociacións locais: Gerca, Caramba, Arroutada, Bela Muxía, APTCM, CMAT, Albergue O Cabanel, Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca e Chuches Franches, entre outros.

Comentarios