Venres. 17.05.2024
El tiempo

Dous centros da Costa da Morte levaron a innovación dos nosos FP ao Congreso Innova

IES Fernando Blanco no Congreso INNOVA 2024
O IES Fernando Blanco no Congreso INNOVA 2024
Dous centros da Costa da Morte levaron a innovación dos nosos FP ao Congreso Innova

A pasada semana celebrouse o Congreso da Innovación na Formación Profesional 'FP Innova 2024'. E como vén sendo habitual, algún centro da comarca estivo presente. Neste caso, participaron activamente o IES Monte Neme de Carballo e o IES Fernando Blanco de Cee.

O centro carballés levou o seu proxecto da “rede de dixitalización na economía circular”, que trata de axudar a modernizar os procesos de produción tradicionais no sector primario, incentivando a creación de produtos autóctonos mediante a aplicación de tecnoloxías que impulsen a transformación dixital nos ámbitos da agroxardinaría ecolóxica, o viveirismo, o paisaxismo, a agricultura de precisión e a monitorización do gando.

Pola súa parte, o IES ceense calificou o seu proxecto “Técnicas de IA para a resolución de problemas”, intentando desenvolver un sistema que emprega autómatas Siemens e placas Arduino para resolver problemas complexos, como os sudokus, explorando novas aplicacións da intelixencia artificial no ámbito da automatización.

Trátase dun proxecto do Departamento de Electricidade e Electrónica xa permiado en 2021. Consta dunha maqueta portable capaz de resolver a cantidade de combinacións que teñen as matrices 9x9 de sudokus. Trátase de aplicar técnicas de intelixencia artificial moi básicas á resolución de problemas, percorrendo todas as posibles solucións e, se non se alcanza a resposta, ser capaces de desandar o camiño e iniciar un novo. Na elaboración deste proxecto no 2021 colaborou o IES Punta Candieira de Cedeira.

O coordinador do proxecto é o xefe do departamento, Juan Manuel Suárez Lago aínda que ao atoparse disfrutando dun permiso acudiron co proxecto a INNOVA os profesores José Joaquín Cabo Pociña e Samuel Rodríguez Saavedra acompañados polo alumnado do CS de Robótica e Automatización Industrial: Tino Cives Jiménez, Alfonso Doce Mosquera, Darío Dominguez de la Fuente, Daniel Rodríguez Pose, Christian Rodríguez Rey, Daniel Romero Fidalgo, Daniel Ronquete Lado, Diego Santos Pose e Fernando Trillo Pérez.

Ademais da maqueta do Sudoku o departamento expuxo en INNOVA un brazo robótico programado por alumnado e profesorado do ciclo formativo que é quen de detectar a cor das pezas a través dun lector de código QR e colocalas no lugar axeitado logo de seren transportadas por unha cinta.

Gran traballo e implicación dos dous centros, que agradece toda a comunidade educativa.

Máis novas

Comentarios