Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Movidas, o novo Coworking de Carballo

  • Hai unha nova forma de traballar en Carballo: Coworking Laboratorio de Movidas Movidas, o novo Coworking de Carballo
Movidas Coworking Carballo
Movidas, o novo Coworking de Carballo
A mocidade emprendedora de Carballo ten un novo espazo cheo de sinerxias para lanzar ou asentar o seu proxecto empresarial, o seu proxecto de vida. A publicista carballesa Laura Méndez e o seu círculo de compañeiras, tras vario anos teletraballando, abre un novo espazo de traballo onde aproveitar s vantaxes de colaborar con outros profesionais.

Así nace o coworking Laboratorio de Movidas (@movidas.coworking), un espazo de traballo compartido no que diferentes perfís poden desenvolver a súa actividade, crear sinerxias e repartir gastos. De momento, os primeiros usuarios, Natalia Bello (executiva de contas), Esteban Pichel (enxeñeiro informático) e Laura Méndez (publicista) traballarán desta maneira, aínda que tamén se organizarán obradoiros e actividades fóra deste horario próximamente.

Unha das características principais do coworking é a súa flexibilidade, podes alugar un escritorio de forma mensual, ou sumarte á oficina de maneira semanal ou diaria.  Non só está pensado para as persoas que viven en Carballo, tamén para aquelas que veñen de visita e precisan un lugar tranquilo no que concentrarse mentres concilian teletraballo e eventos persoais.

O coworking estará aberto de luns a venres en horario de 09:00 a 19:00, pero todo dependerá das necesidades das persoas que formen parte.

A inauguración de Laboratorio de Movidas será este venres 29 de marzo ás 20:00 na Rúa do Sol 46 e estará aberta ó público. Para a data estará rematado o mural que decora a fachada realizado pola artista carballesa Isa Bermúdez.

Máis novas

Comentarios