Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O espectáculo Vía Morta achega a Vimianzo a experiencia dos refuxiados en Palestina e Grecia

Estrea da obra teatral "Vía Morta". CC. Constante Liste. A Ramallosa, Teo.
Estrea da obra teatral "Vía Morta". CC. Constante Liste. A Ramallosa, Teo.
O espectáculo Vía Morta achega a Vimianzo a experiencia dos refuxiados en Palestina e Grecia

O Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este xoves, ás 20.30h, o proxecto teatral Via Morta, baseado na experiencia directa de Pallasos en Rebeldía en campos de refuxiados en Grecia e Palestina.
Cunha proposta inmersiva, en Vía Morta non hai escenario nin sala de butacas: o teatro enteiro convértese nun campamento e o público asistente forma parte del.

Con esta proposta de Pallasos en Rebeldía e Culturactiva achégase aos espectadores á dura realidade na que viven millóns de persoas en Europa, que ven vulnerados os seus dereitos máis básicos, así como a hipocrisía da política comunitaria, que incumpre toda a lexislación
internacional na materia.
Con texto de Carlos Olalla, dirección de Eva Egido e un elenco formado polos lugueses Iván Prado e Fran Rei, xunto con Anabell Gago e Rocío Salgado, esta obra está inspirada na experiencia da caravana de Pallasos en Rebeldía a Idomeni, na que o propio Iván Prado participou. Vía Morta comezou a súa andaina no pasado decembro e ten previstas unha ducia de representacións por toda Galicia nos próximos meses, que inclúen paradas en Sarria o 21 de abril, na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei o 27 de abril, en
Rianxo o 10 de maio, e no Rosal e Gran Canaria no mes de xuño, os días 6 e 21 respectivamente.
 

Máis novas

Comentarios