Luns. 13.05.2024
El tiempo

O Asalto colle forma co Casting e a apertura do prazo de inscrición para a Feira Artesanal e a Cea Medieval

REPRESENTACION_ASALTO
O Asalto colle forma co Casting e a apertura do prazo de inscrición para a Feira Artesanal e a Cea Medieval

Despois de coñecer o bombazo da actuación de Manu Chao, o Asalto ao Castelo 2024, que se celebrará os vindeiros 5 e 6 de xullo, continúa avanzando.

As entidades Cherinkas e Axvalso convocan o Casting para escoller os actores e actrices que subirán ao escenario na medianoite do sábado para a representación do Asalto ao Castelo, unha experiencia que non se esquece na vida. No casting, que se desenvolverá o domingo 12 de maio ás 11h45 na Casa da Cultura, poderá saberse máis sobre o argumento e personaxes da representación desta edición (cada ano é diferente), dirixida por Guillermo Méndez.

Feira Artesanal

FEIRAARTESANAL_ASALTO

Despois do éxito da última edición, con récord de postos inscritos, volve a Feira Artesanal do Asalto, na súa duodécima edición. O sábado 6 de xullo durante todo o día artesáns e produtores de alimentos ecolóxicos poderán vender na contorna da praza do Concello e rúas do centro da vila. O prazo para inscribirse como feirante xa está aberto e poden consultarse as bases na web asaltoaocastelo.gal ou en [email protected].

Cea Medieval

CEAMEDIEVAL_ASALTO

Sen dúbida, un dos momentos máis esperados do Asalto é a Cea Medieval. É o momento no que se reúnen medio milleiro de comensais con vestimentas do século XV, no foso do castelo de Vimianzo, para degustar gastronomía da época amenizada por espectáculos de todo tipo.

Este ano poranse á venda as entradas para público xeral o xoves 2 de maio, a partir das 12h do mediodía. O máximo número de entradas que se poderán comprar nunha única operación é de 4. As entradas son nominativas, polo que á hora da compra deberase identificar o nome, apelidos e localidade de cada comensal. As entradas só se poderán obter a través do portal de venda online www.woutick.es.

Máis novas do Asalto

Comentarios