Luns. 20.05.2024
El tiempo

Antonio Nodar transforma a Costa da Morte mp 2222 a Francia

A Costa da Morte Secadoiros de Congro-Antonio Nodar
A visión apocalíptica dos secadoiros de congro de Muxía de Antonio Nodar estará en París
Antonio Nodar transforma a Costa da Morte mp 2222 a Francia

O artista Antonio Nodar (1954. Vimianzo), segue espallando a súa arte polo mundo. E desta volta volve levar a súa Costa da Morte como fonte de inspiración. Será no marco da exposición "2222. L'année du Serpent", que estará na La Fonderie (París), do 18 ao 20 de maio.

2222 press release galego copia

Nodar, que fai pouco estreaba unha columna en QPC fai unha viaxe ao futuro, neste novo proxecto climático-futurista, cambiando as cores da nosa comarca.

Inspirándose en imaxes actuais e aplicando modificacións dixitais, visualiza “un futuro conformado pola Intelixencia Homo Sapiens (I.H.S.)” coa intención de facernos “afondar nunha experiencia persoal e salvar a brecha entre o noso pasado e o noso futuro, apoiado polo cambio ambiental”.

Nodar amosa a súa máxima preocupación polo dervir do noso mundo, do “esgotamento de recursos”, da “aniquilación biolóxica, onde o 90 por cento das especies vexetais e animais están ameazadas de extinción”. “Atopámonos no precipicio dunha nova era xeolóxica”.

Este capitulo focalizado na Costa da Morte será o primeiro de varios e conta coa colaboración de persoas como o músico Kepa Junquera e o ebanista Frank Bushmann (ambos no son), TSZ Man Chan no Montaxe Video e Mares da fin do Mundo na Expo.

Costa da Morte por Antonio Nodar
Outra imaxe costeira da exposición "2222. L'année du Serpent"

 

Artigos de Antonio Nodar en QPC

Máis novas de Nodar

Comentarios