Luns. 20.05.2024
El tiempo

A rapazada, protagonista das actividades das Letras Galegas de Vimianzo

LETRAS GALEGAS 2024 - VIMIANZO
A rapazada, protagonista das actividades das Letras Galegas de Vimianzo

O Concello de Vimianzo celebrará o Día das Letras Galegas cunha completa programación de actividades dirixidas á rapazada. Co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor as nosas letras, organízanse unha serie de sesións nas que se inclúen obradoiros, contacontos e actuacións teatrais.

O programa dará comezo o vindeiro mércores, 15 de maio, cun obradoiro infantil na biblioteca municipal. Será de 17:00 a 19:00 horas e as crianzas poderán gozar de diferentes actividades enfocadas a fomentar a lectura e dar a coñecer a figura de Luísa Villalta, a homenaxeada deste ano.

Na véspera da efeméride, o xoves 16 de maio, haberá unha nova sesión deste obradoiro. Ademais, terá lugar unha narración oral infantil a cargo de Manuela Contacontos, que presentará ‘As verbas de Luísa’, un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar.

A compañía de teatro Elefante Elegante protagonizará as dúas últimas xornadas da programación coa súa obra ‘Alma de Tigre’, na que se representa a historia de tres irmáns para tratar a temática das relacións familiares. A primeira representación, aberta ao público xeral, será no auditorio ás 20:30 horas do sábado 25 de maio. A segunda será o luns, día 27, e estará dirixida ao público escolar.

LETRAS GALEGAS 2024 - VIMIANZO

Máis citas cas Letras Galegas

 

Comentarios