Despois de facer a primeira visita ás covas dos fuxidos, continuamos percorrendo a historia de represión que viviron aqueles homes que tiveron que escapar ao Monte Pindo e daquelas mulleres que quedaron á fronte das familias, e tiveron que enfrontarse cara a cara contra o réxime. Facémolo a través dos testemuños recollidos no proxecto Monte Pindo. Espazos da Memoria, realizado pola compañía costeira Aantena coa colaboración da Deputación.
E hoxe recollemos a peza que analiza como se comunicaban os agochados coas súas familias, que símbolos (sabas colgadas, fiestras abertas, lanchas xeiteiras colocadas dun xeito ou outro…) utilizaban para saber se estaban os fascistas ou non; e como se alimentaban, como facían as familia para levarlle a comida, o caldo ou mesmo o chocolate.
E para darlle o nome, utilizamos o berro, “Omesomonte”, que tiña que dar un neno dende a pedra do Cucurujú, no alto do Pindo, cando viña entrar a Garda Civil de Muros polo sur, e que servía de chamamento para que os fuxidos que estaban nese momento visitando as súas familias, escapasen de novo cara o monte.
Mención especial para Xinzo de Noveira, o home que sae na portada do vídeo, que faleceu durante a realización do proxecto.
MÁIS NOVAS
- O alumnado do Cole de Dumbría coñeceron a memoria da covas dos fuxidos do Monte Pindo.
- O Monte Pindo rescata a historia dos seus agochados a través dunha ducia de testemuños.