Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Contos de previa do Fisterra Blues Experiencie

23/xuño/2019
18:00 h
O Rumbo de Sardiñeiro
conversa ao redor da experiencia do mar
Contos de previa do Fisterra Blues Experiencie

Este domingo comezan en Sardiñeiro (O Rumbo) as actividades do Fisterra Blus 2019, organizadas en colaboración coa asociación cultural Sardiñeiro É Vida. Ás 18 horas terá lugar un contacontos-obradoiro para familias titulado “Sira e a Illa”, e ás 19 horas terá lugar unha conversa arredor do mar coa xente de Sardiñeiro. Unha ideal previa para o San Xoán

 

Por outra banda, veñen de poñerse á venda a través de Internet as entradas para o Blues a Bordo (concertos en barco pola bahía e o Cabo Fisterra), que nesta ocasión se duplican, con catro viaxes: unha o venres e tres o sábado 29. E tamén se puxeron á venda os BLUS, unhas chapas ao prezo de 5 euros para colaborar co festival. O Fisterra Blues segue a ser un evento de balde (agás os concertos en barco), mais os que leven o BLUS, ademais de comprometérense coa sostibilidade do festival, terán importantes vantaxes, como entrar en sorteos para conseguir unha Harmónica Seydel (modelo C.A. Seydel Sohne). Podes facerte cun BLUS no propio festival ou mercándoo online en Eventbrite ou Ticketea: http://FISTERRABLUES2019.eventbrite.es

Comentarios