Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PSdG pide un FP de Soldadura para o IES de Vimianzo ante a demanda do sector do metal e a automoción

Gerca realiza cortes de metal laser
Gerca realiza en Vimianzo cortes de metal láser de tecnoloxía avanzada e necesita profesionais formados
O PSdG pide un FP de Soldadura para o IES de Vimianzo ante a demanda do sector do metal e a automoción

O PSdG pide un FP de Soldadura para o IES de Vimianzo ante a demanda do potente sector do metal e a automoción

Son necesarias as formacións profesionais na comarca. Hostalería, agraria, electromecánica… son profesións demandadas da bisbarra, e pouca a oferta formativa nas áreas. De aí que a candidata socialista á alcaldía de Vimianzo, Mónica Rodríguez, pida a Xunta a implementación da FP Básica e o Ciclo Medio de Soldadura no IES terra de Soneira.

Así levará unha moción no vindeiro pleno, valorando ademais que a Consellería de Educación está “receptiva” a este tipo de peticións noutros concellos, sempre que se xustifique a vinculación da rama de formación coa actividade económica e empresarial do concello solicitante. Unha realidade que comprobaron os socialistas de primeira man, pois moitos empresarios lles trasladaron a “extrema necesidade” de persoal con titulación específica na rama de soldadura.

O sector do metal e da automoción, moi afianzados en Vimianzo con empresas potentes a nivel mundial como Gerca ou ARVidal, así o demandan.

A voceira do PSOE agarda a colaboración do resto dos concelleiros.

a

Comentarios