Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Excarceran unha persoa tras outro accidente entre unha furgoneta e un tractor en Malpica

Foto de arquivo dun accidente entre un coche e un tractor
Foto de arquivo dun accidente entre un coche e un tractor
Excarceran unha persoa tras outro accidente entre unha furgoneta e un tractor en Malpica

Neste último mes xa levamos dous accidentes mortais entre un vehículo e un tractor. De aí que a Garda Civil empezara a facer un dispositivo especial de control dos vehículos pesados. Esta pasada noite de xoves, non houbo finados, pero soi unha persoa tivo que ser excarcelada tras chocar coa súa furgoneta contra un tractor.

O accidente sucedía arredor das 22:30h no lugar de Filgueira, na estrada que une Buño e Malpica. O propio condutor da furgoneta avisaba ao 112, sinalando que o accidente puido producirse debido a que o tractor circulaba sen sinalización, o que dificultaba a súa visibilidade.

Acodiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, Garda Civil e dos membros do GES de Ponteceso. Os dous ocupantes do vehículo de transporte de mercancías tiveron que ser evacuados ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Comentarios