Luns. 20.05.2024
El tiempo

Raúl Periscal e Eloy García Feteira analizan a finalísima Xuvenil do sábado

Xallas Xuvenil e Dumbria CF XUvenil
Xallas e Dumbría
Raúl Periscal e Eloy García Feteira analizan a finalísima Xuvenil do sábado

Este sábado, ás 17:00h o Municipal do Conco acolle unha finalísima. Dumbría e Xallas xóganse a Liga Xuvenil a unha carta. Os xalleiros chegan cun punto de vantaxe, polo que lles valería o empate, se ben os dumbrieses, malia ter perdido o liderato hai dúas xornadas ao caer ante o Sofán (4º), afrontan o partido na casa coa meirande ilusión e co factor campo a favor.

A final serve de posta en valor ademais dunha Liga tremendamente competitiva, na que equipos como Fisterra (3º), Sofán (4º) e Outes (5º) demostraron un nivelazo espectacular. Así, o que gañe o título asegurará ademais praza na nova Liga Provincial, e tamén terá acceso á Promoción á Liga Galega (tería que superar dúas eliminatorias ante equipos de Santiago).
Os outros 4 equipos que contamos terán que pasar por unha promoción, de dúas eliminatorias a doble, á nova categoría provincial, habendo só un posto en xogo.

As espadas están botadas, pero queremos coñecer como chegan os dous equipos da man dos seus adestradores, Raúl Periscal (Dumbría) e Eloy García Feteira (Xallas).

Raúl Periscal (Dumbría)

Dumbría CF Xuvenil 23-24

Raul Periscal
Raul Periscal adestradopr

Un dos adestradores veteranos da comarca como o cerquedán/mazaricán Raul Periscal está á fronta do equipo dumbriés. “Fisicamente chegamos ben, só coas baixas de Ismael e Yeray. Vai ser un partido moi bonito de vivir, pero se cadra o máis dificil é xestionar a emotividade desta clase de partidos. Ao fin e o cabo, non rapaces de 16-17 anos, e queiras que non, os clubs e os entornos lles acabamos trasladando esa presión. Por iso, intentaremos disfrutar o partido, entendendo que isto non é máis que fútbol, e facéndolles ver que paara o club é máis importante que 5-10 xogadores cheguen ao primeiro equipo, que o que poida pasar o sábado. Temos claro que valoramos o proceso que o fin, que o que poida suceder a un só partido”.

”Podemos ser primeiros e pero tamén acabar terceiros, pero lonxe de ser unha mala temporada, creo que estamos facendo unha temporada impresionante. Levamos moitos goles a favor, moi poucos en contra, o que demostra que somos un gran equipo. Somos un equipo ao que os gusta dominar os partidos a través do balón, e ter así ao rival lonxe da nosa portería. Arriba temos moita dinamita, pero tamén gracias a esas posicións atrás e de medio podemos dominar os partidos”.

Sobre o rival, Periscal apunta: “non creo que poidamos facer o noso fútbol, ante un moi bo equipo, o menos goleado da categoría, que son mellores ca nós fisicamente sobre todo nos duelos, moi poderoso a balón parado, e que fan transicións moi rápidas. Temos que intentar estar moi concentrados”, apunta o míster.

 

Eloy García Feteira (Xallas)

Xallas FC Xuvenil 23-24

Eloy Garcia Feteira en Radio Xallas
Eloy Garcia Feteira co en Radio Xallas

Pola súa banda, Eloy representa a savia nova do colectivo de adestradores da Costa da Morte. Acaba de protagonizar un dos fitos máis importantes do fútbol base da comarca, ao liderar ese equipo campión galego da Selección da Costa Feminina sub11, e ten gañas de seguir sumando éxitos.

”Chegamos moi ben, sen baixas, e moi fortes. Nesta segunda volta só pinchamos en Fisterra, porque na primeira tivemos moitos problemas cas baixas e tivemos que tirar moito de cadetes. Somos un equipo moi físico, facemos unha presión moi alta, moi sólidos, e é moi difícil facernos gol, esa é unha das nosas grandes características. Nos temos a vantaxe de valernos o empate, pero eles xogan co factor campo, así que creo que o partido vai ser moi igualado e que se vai decidir por detalles. Temos que ter coidado cos seus extremos, iso si, que son moi bos”.

”O grupo é unha pasada. Veñen de dous danos de quedar subcampións en varias competicións, e creo que este é o seu ano”.

Comentarios