Venres. 17.05.2024
El tiempo

FUTFEM: O Dumbría, a un paso do título da Liga da Costa

Xogadoras do CF DUmbria celebrando un gol-Foto-CF
Xogadoras do CF DUmbria celebrando un gol-Foto-CF
FUTFEM: O Dumbría, a un paso do título da Liga da Costa

Co mércores de Oitavos da Copa da Costa, na cabeza, os equipos femininos celebraron esta pasada fin de semana unha xornada importante. Sobre todo na Liga da Costa, na que o novo tropezo do Corme en Negreira deixa de cara o título para o Dumbría, se ben aínda queda un choque directo na penúltima xornada.

Haberá que ver que fai o cadro dos Miúdos, que ten un partido ligueiro que foi aprazado x.24 para disputar ás 12:00h, e despois ten a Copa ás 18:30h ante o Dumbría.

2ª División Feminina, Gr.1, xornada 27

Pouco aquel teñen os choques xa da 2ª División unha vez que as nosas non se xogan nada. Na parte media alta, nova voria no Fontenla e portería a cero para o Xallas, nada menos que diante dun das terceiras clasificadas, o Abella. Os tantos de Olalla e Paula Barcia foron suficientes para sumar 3 novos puntos e materse na 6ª praza.

Polo demais, mentres as Miúdas caían ante o Silva, o Cee sumaba un puntiño na súa visita ao Cultural Maniños. 1 punto que puideron ser 3, se as locais non lle empatasen case no desconto o tanto inicial de Nayara.

3ª División Feminina, Gr.2, xornada 27

Nicrariense - Corme (1-1)

  • Corme: Belén; Lucía (Laura), Aroa, Ana (Nerea); Candela, Olalla, Irene, Natalia, Cris, Carla e María. Tamén: Salomé e Aurora.
  • Goles: 0-1, m.79: Nerea; 1-1, m.81: Noa Beiroa de penalti.

Partido moi importante para as cormelás despois do duro golpe da derrota do derbi. Pero as de Rubén Souto non foron quen de dar ese pasiño adiante e sufriron ante un equipo moi pechado atrás que só buscaba aproveitar os erros rivais. Aínda así atopaban liñas de pase a partir de circulación de balón, pero faltou algo de intensidade e sobre todo verticalidade na última liña durante a meirande parte do encontro.

Foi a 10 do final cando conseguían adiantarse as cormelás, pero apenas no saque de centro, un balón colgado mal defendido provocaría un penalti que supuña o empate.

”Toca resetear, intentar cambiar o chip e acabar da mellor maneira posible o ano para non quedarnos cun mal sabor de boca nun ano increíble deste gran vestuario”, apunta Rubén.

Ponteceso - Corcubión (5-1)

As capis de Ponteceso e Corcubion co arbitro Oscar Nunez Mayo
As capis de Ponteceso e Corcubión co árbitro Óscar Núñez Mayo
  • Ponteceso: María (Colores), Lara,Ainhoa, Myre (Silvia), Berdeal (Saray), Eva, Muíño, Andrea (Laura R), Noemí (Lucivili), Oanes, Claudia.
  • Corcubión: Alexia, Elisa, Alexandra Lojo, Lavandeira, Carla, Cris, Helena López, Andrea, Daniela e Paula Trinidad. Tamén: Ana Sierra.
  • Goles: 1-0, m.12: Oanes tras un córner peiteado por Andrea; 2-0, m.17: Noemí aproveita un rexeite da meta corcubionesa a tiro de Andrea; 3-0, m.18: Andrea; 4-0, m.33: Andrea; 4-1, m.73: Alexandra Lojo; 5-1, m.83: Muíño de falta dende o medio do campo.

SD Ponteceso-UD Corcubion

Moi bo partido das de Curro cun xogo combinativo propiciado polo ritmo do partido o cal se viu resposto pola numerosa aficción do Pinguel. As corcubionesas de Rubén Castillo non conseguiron asentarse e ao cuarto de hora xa recibiran 3 tantos case consecutivos que deixaban o partido sentenciado.

Bergantiños B - Muxía (5-4)

Bergantinos B-Muxia-foto-Marina Busto
Bergantinos B-Muxía-foto-Marina Busto
  • Bergan B: Sofía; Aroa V, Sara, Amelia, Ainhoa; Clara, Jimena; Erika; Carla, Arancha, Aroa G. Tamén: Aïsha, Iria e Andrea.
  • Muxía: Sheila, Marcela, Marta, Andrea Dom., Sara Haz, Denise, Irene, Nerea, Patri Romaní, Raquel, Andrea Insua. Tamén Nuria, Claudia, Paula e Sara Dom.
  • Goles: 1-0, m.2: Arancha; 1-1, m.26: Patri Romaní; 2-1, m.37: Erika; 2-2, m.44: Patri Romaní; 2-3, m.55: Patri Romaní; 3-3, m.65: Carla Pose; 4-3, m.76: Carla; 5-3, m.93: Clara; 5-4, m.97: Paula.
Sheila Porteira do Muxia no Bergantinos B-Muxia-foto-Marina Busto
A porteira muxiá Sheila-foto-Marina Busto

Partidazo de poder a poder, que foi unha nova demostración da pichichi da categoría, a poderosa Patri Romaní, que suma xa 36 goles, polos 29 da pontecesá Andrea Varela e os 25 da fisterrá Andrea Romero.

Pegaba o Bergan e respondía a muxiá, e as alternativas no choque e no marcador eran continuas, ata que no treito final, o fondo de armario das locais permitiron chegar con máis forza. Comezaba mandando o filial ante un Muxía armado e buscando as contras. Conseguía na segunda adiantarse o cadro muxián, pero cando mellor estaban recibiron o empate e dous novos tantos que sentenciarían o partido só con tempo para recurtar no desconto.

Patri Romani no Bergantinos B-Muxia-foto-Marina Busto
Patri Romaní no Bergantiños B-Muxía-foto-Marina Busto

Dumbría - Cabana (8-1)

  • Dumbría: Lissette, Noa, Paula Carril, Lucía, María das Carisas, Sabela, Eva Lema, Claudia, Paula Fandiño, Kelly e María. Tamén: Juliete, Serena, Yolanda, Lara e Reyes.
  • Cabana: Miriam, Alison (Jessie Rojo), Sheila (Begoña), Aroa, Valeria (Nuria), Iria (Jessie Pose), Inma, Alejandra, Saray (Natalie), Irene, Adriana.
  • Goles: 1-0, m.4: Eva; 2-0, m.7: María; 3-0, m.14: Eva; 4-0, m.21: Kelly; 5-0, m.27: Eva; 5-1, m.56: Irene; 6-1, m.43: Claudia; 7-1, m.56: Eva; 8-1, m.62: en propia.

Partido sen moita historia, cun Dumbría impoñendo a súa calidade e fotaleza ante un descoñecido Cabana que non estivo ao seu nivel e se viu desbordado dende o primeiro minuto. Pero a verdade é que o Dumbría chega no seu momento a este final de temporada sumando 7 vitorias seguidas e 12 sen perder.
Con todo, unha das mellores do partido foi Miriam, a meta cabanesa.

Mazaricos - Noia B (1-4)

11 do CF Mazaricos feminino en Dubra

  • Goles: 0-1, m.19: Hermida; 0-2, m.23: Xiana; 1-2, m.37: Silvia; 1-3, m.39: Hermida; 1-4, m.83; Daniela de penalti.

Partido malísimo das de Rachón, teoricamente moi superiores ao filial. Pero saíron durmidas as amarelas, menos intensas que normalmente se deixaron dominar. De feito, de non ser pola meta Valeria o resultado podería ser máis abultado.

Camariñas - Outes (4-0)

  • Camariñas: Karen (Desiré), Laura Garrote, Rocío, Rosana, Saray, Laura Pose, Nuria, María, Elena (Lara), Maira (Daniela) e Paula Mouzo (Cris Lorenzo).
  • Outes: Lía, Claudia Carou, Alicia, Uxía, Erika, Nati, Carla, Carmen, Paula, Sole, e Natalia. Tamén: Lara, Sofia, Valeria, Laura e Marinha.
  • Goles: 1-0, m.23: Paula Mouzo; 2-0, m.66: Nuria; 3-0, m.68: Paula Mouzo; 4-0, m.72: Saray de penalti.

Comezaba o partido máis igualado, cun Outes que presionaba arriba. Pouco a pouco o Camariñas ía abrindo espazos na defensa das das Serra e nun balón longo a capi Paula Mouzo abría o marcador. As mellores ocasións eran para as locais, pero as da Serra o intentaban a pesar da súa falta de puntería.

Na segunda a meta Lía foi clave para aguantar ao Outes no partido ante que anotaban 3 tantos seguidos que certificaban a vitoria das de Cabrejo e Pepucho.

Dubra - Cerqueda (0-1)

Xogadoras do UD Cerqueda dedicando a vitoria a Alba

  • Gol: 0-1, m.29: Tania.

Partido moi disputado, nun campo difícil, no que as de Dani Reixía fixeron un partido moi serio sen conceder apenas ocasións as rivais. O gol da vitoria foi de Tania, nun saque de esquina, no que era un partido moi especial para ela, pois procede do cadro amarelo.
O equipo dedicou a vitoria a Alba, que sofre unha lesión de ligamentos.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios