Domingo. 19.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: Baíñas e Volantes xogaranse a última bala para a permanencia co ollo posto no Baio

  • Alejo viviu unha emotiva despedida no Cairo.
  • O Outes asegurou a última praza de promoción.
Lucas na homenaxe a Alejo no Cairo
Lucas e Alejo na homenaxe que o Corme lle rendeu ao seu killer no Cairo
2ª Galicia: Baíñas e Volantes xogaranse a última bala para a permanencia co ollo posto no Baio

Fin de semana de emocións a vivida na Liga da Costa, despois duns Cuartos de Copa absolutamente incribles. Se por arriba o Outes certificaba o seu posto na promoción de ascenso tras gañar ao Cabana e aproveitar a derrota do Corme ante o Castriz, por abaixo a cousa está que ferve.

Volantes e Baíñas xogaranse o descenso directo no enfrontamento directo da última xornada, se ben a situación do Baio, cuio descenso carrexaría un posto de arrastre, fai que os dous equipos poidan acabar na 3ª sen remedio. Ademais, os 4 ascensos da 3ª fai que aínda que suba un dos equipos da Liga da Costa á 1ª, non quede nin esa bala.
En todo caso, de cara a esta última xornada, o 2-1 para o Volantes da ida, fai que un hipotético empate favoreceríalle ao cadro laranxa, o que lle permitiría soñar coa permanencia do club baiés.

Homenaxe a Alejo

A sesión máis emotiva da xornada viviuse no Cairo, coa homenaxe a un Alejo que deixa esta temporada o fútbol en activo despois de toda unha vida marcando goles no club da súa vila.

Lelo con Alejo e os seus 300 goles
Lelo entregándolle unha camiseta a Alejo cos seus 300 goles

Pensando na promoción

Queda por decidir os postos da promoción na busca dos dous postos de ascenso, que lembremos enfrontará a unha eliminatoria a doble partido a 5º contra 2º e 4º contra 3º, ca ida no campo do equipo peor clasificado. O Porteño, que ten a cabeza máis posta na Copa, mira de esguello esa promoción.

Cee - Baíñas (1-1)

  • Cee: Isaías, Jonathan, Borja, Iago Trillo, Bujeiro, Carlos, Jose, Adam, Eze e Bruno. Tamén: Yago Pazos,Roberto, Oreiro e Bermúdez.
  • Baíñas: Joel, Raúl, Maikol, Dylan, Cristian, Fabián, Manu, Héctor, Carlos, Adrián e Ruli. Tamén: Maikel Cambeiro e Santi.
  • Goles: 0-1, m.12: Fabián; 1-1, m.39: Bruno.

Empate xusto nun choque no que os dous equipos dispuxeron de varias ocasións e non houbo un dominador claro. O Baíñas empurrou algo máis, consciente do que se xogaba, saíu moi forte e se metía por diante cun tanto de Fabián tras un centro lateral. Poidemos marcar mais goles e ir con mais ventaxa na primeira parte, pero Bruno antes do descanso consegueu igualar a primeira parte, tras un pase de Eze ás costas da defensa.

Na segunda parte foi máis dominante o Cee creando as mellores ocasións debido ao cansanzo dun cadro de Sanchiño, con apenas un xogador de campo de suplente, ao que campo se lle facía grande. Así e todo aínda encgancharon algunha ocasión e o choque puido caer de calquera lado.

Volantes - Camariñas (2-1)

  • Volantes: Alex de Yi, Kevin Rajoy, Manu Teijo, Manu, Anxo, Oladipo, Javi, Raúl, Manu de Yi, Pesco, Borja. Tamén: Cerbán e Adrián Abeijón.
  • Camariñas: Pablo, Víctor, Caamaño, Oliver, Brais, Moriño, Manuel, Hugo, Soule, Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.30: Djibril; 1-1, m.51: Oladipo; 2-1, m.65: Manu Teijo.

Gran partido do Volantes a pesar da mala serie que traía e da falta de efectivos. 11 xogadores xustos xuntaron os camariñáns para ir a Muros, xa neste treito de temporada sen nada en xogo. E así e todo o cadro de Cabrejo e Faus competiron ben, levando o mando do choque e adiantándose cun gol de Djibril a centro de Víctor.

Na segunda os de Gus apretaron algo más, e así empataron nun balón morto na área tras un córner, que marca o centra Oladipo. Puido marcar de novo o Camariñas pero foi o Volantes o que se metía por diante nun centro que remata Teijo de cabeza. O Camariñas quedaba con 10 pola lesión de Caamaño, e o Volantes tivo ocasións para sentenciar, pero faltando 5 minutos, tivo Djibril unha pena máxima para empatar pero mandou o balón fóra.

Camelle - Ponteceso (1-0)

  • Camelle: Pirata; Quintelo (Rubén), Ruso, Dido, Pastelero; Chans, Estiben, Pablo, Chori (Tereso), Óscar (Gabi) e Mariño (Sergio).
  • Ponteceso: Álvaro, Cotelo, Juan Rey, Iván Rey, Pedro, Luca, Ángel, David Castro, Alberto Recarey, Javi Souto, Neira. Tamén: Eloy Álvarez, Samuel e Raúl.
  • Gol: 1-0, m.86: Dido a centro de Sergio.

Primeira vitoria do Camelle tras 12 derrotas consecutivas, nas que o equipo de Sergio non se descompuxo en ningún momento e competiu sanamente. E iso que o Ponteceso saíu mellor, tendo o dominio territorial e chegando máis a portería local aínda que non acababan de rematar con claridade as ocasións que tiñan. Aí o meta Pirata mantivo aos locais vivos. Coa lesión de Recarey á media hora os camelláns conseguiron safarse o dominio pondaliano.

Na segunda parte igualariase o xogo e o Camelle tamén empezou a chegar a portería visitante con perigo. Puidéronse adiantar os visitantes cunha boa ocasión de Eloy Álvarez que cruzou moito o remate final, pero na área contraria tamén chegaban con claridade os de Sergio nun choque que xa era un ir e vir. Aí o que pegou foi o Camelle cun tanto de Dido a un córner botado por Sergio, que permitiiu a ledicia da afección do Rodeiro gracias tamén a novas paradas de Pirata.

Coristanco - Monte Louro (0-1)

  • Gol: 0-1, m.90: Xián.

Partido moi igualado, estivo mellor o Monte Louro na primeira metade, cunha boa chegada que salvaba Diego Mallo, presi do cadro coristanqués que xogou o seu primeiro partido esta temporada. Tamén o equipo de Cali tivo un córner olímpico que petou no longueiro.

Na segunda metade, foi mellor o cadro local, que comezaba con 3 ocasións grandes ás que respondía o meta Pedro, e un gol anulado por fóra de xogo. E co tempo cumplido, Xián facía o gol definitivo a pesar das protestas dos locais por un posible fóra de xogo.

Corme - Castriz (1-4)

  • Goles: 0-1, m.16: Sebas; 0-2 m.28: Iván Facal de impresionante falta directa pola escuadra; 1-2, m.60: Alejo; 1-3, m.65: Adrián García; 1-4, m.70: Iván Pastoriza.

Xornada emotiva no Cairo pola despedida de Alejo. Pero no deportivo, a situación deste Castriz é tremenda. Non levantaron o acelerador os campións, que pronto se adiantaron con dous goles (ollo ao segundo do Iván Facal). Coa expulsión de Hugo ao fío do descanso, parecía que a cousa quedaba sentenciada.

Pero o Corme de Adrián Lema saíu en tromba na segunda, e Alejo non faltou á súa cita co gol e meteu en problemas a un Castriz. Fixo Miguel Chouza un par de cambios, o equipo acodomouse e sentenciou.

Se o Corme lle fixera pasillo ao Castriz como campión de Liga, o Castriz devolveu o detalle facéndolle un pasillo a Alejo ante un Cairo que caía abaixo de aplausos.

Mazaricos - Muxía (2-5)

  • Mazaricos: Iván Baña, Sanchiño, Borja, Raúl, Fran Pose, Pereiro, Luís Mayán, David, Iago Estalote, Marcos, Sandelo. Tamén: Ricardo, Brais, Raúl Castelo e Molinos.
  • Muxía: Domingo, Pequi, Anxo, Michael, Gusa, Mauro, Isma Márquez, Julián, Víctor Alcaina, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Víctor Suárez; Hugo Haz, Adrián Baamil, David, e Manu Martínez.
  • Goles: 0-1, m.4: Víctor Alcaina; 0-2, m.20: Manu Nogueira; 1-2, m.24: Marcos; 1-3, m.29: Manu Nogueira; 2-3, m.35: Raúl; 2-4, m.66: Fran Moreira; 2-5, m.88: Manu Martínez.

Mazaricos-Muxia no PIno do Val

Fermoso partido, de categoría superior, con dous equipos de bo trato de balón, que loitan por quedar segundos xunto ao Porteño. Comezaron os muxiáns moi metidos, creando perigo en varias ocasións e conseguindo marcar os dous primeiros tantos aproveitando erros da defensa amarela. A medida que pasaban os minutos o Mazaricos tomou o mando, e houbo un intercambio de golpes deixaba o 2-3 no marcador.

Puideron empatar na segunda os locais pero a expulsión de Fran Pose, e as molestias de Iago e Marcos deixan ao Mazaricos vendido, permitindo que o Muxía ampliase un marcador demasiado abultado para o visto no campo.

Outes - Cabana (2-1)

  • Outes: Dani, Jura (Ramiro), Adrián, Martín, Estefan (Hugo Caamaño), Babu, Veleiro (Yago Dosil), Pablo, Iván (Aarón), Ryan e Keko.
  • Cabana: Manu Nantón, Noe, Mario, Migurel, Diego Méndez, Pablo Pose, Micky Pose, Nando, Simón, Ferreiro e Aarón Casás. Tamén: Martín, Iván Rey e Hugo Lema.
  • Goles: 1-0, m.54: Keko; 1-1, m.56: Pablo Pose; 2-1, m.94: Ryan.

Levou no desconto o choque o Outes tras un córner. Un partido con alternativas que comezaba cos locais algo máis enchufados, pero sen acerto. O Cabana pouco a pouco foi cambiando o fío do partido e fixo aparecer a Dani para manter a igualada.

Sabedores de que o empate lle valía para asegurar a promoción, o Outes saíu con forza pero con moderación, e pronto se adiantaba da man dun Keko que non falla á súa cita co gol. A alegría e suposta tranquilidade non durou moito, case a continuación empata o partido o Cabana nunha acción na que Dani tampouco estivo moi afortunado no despexe e Pablo Pose aproveitaba para empatar. Acusaron o gol os locais, e voltou a tensión e nerviosismo durante bastantes minutos, nos que si ben o Cabana non era capaz de finalizar xogadas si que daba a sensación de perigo. Un penalti que non acerta a atinar Babu meteu de novo na pelexa ao cadro local, e foi Ryan o que resolveu a igualada no desconto, cerciorando o pase á promoción do cadro de Álex Romero.

Porteño - Muros (2-1)

11 do Porteno na Grixa-Foto-Parker
11 do Porteño na Grixa-Foto-Parker
  • Porteño: Sergio, Pejo, Brais, Pablo, Rodri, Darío, Joseba, Saviola, Manoliño, Alan e Miguel.
11 do CD Muros con Vinto na Grixa-Foto-Parker
11 do CD Muros con Vinto na Grixa-Foto-Parker
  • Muros: Álvaro, Juan, Pelos, Gest, Quin, Tajes, Sandelo, Samue, Dani Jurjo, Alex, Manu Vara: Tamén: Flavio, Fran e Xandre.
  • Goles: 0-1, m.22: Alex; 1-1, m.70: Miguel; 2-1, m.85: Darío dende fóra da área.
Capis de Porteno e Muros na Grixa co arbitro Diego Grille-Foto-Parker
Capis de Porteño e Muros na Grixa co arbitro Diego Grille-Foto-Parker

Acusou o esforzo (e a festa) do mércores o Porteño de Cousillas e Javi Baña, con 11 xustos. E aproveitaron os muradáns facendo un mellor primeiro tempo e acabando por diante no marcador.

Pero o público da Grixa aupou aos seus e meteu aos rapaces no partido, e pouco a pouco foron envorcando o césdepe ata conseguir empatar. Aí, a expulsión de Dani Jurjo deixaba o partido de cara para que os da Ponte aseguraran a 3ª praza dunha promoción que é un premio tremendo.

 

MÁIS INFO

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

Comentarios