Luns. 20.05.2024
El tiempo

40 persoas do eido da cultura manifestan o seu apoio a Xosé Antonio Andrade como candidato á alcaldía de Coristanco

Recollemos o manifesto que veñen de lanzar unha serie de persoeiros do eido cultural de Bergantiños veñen de realizar en apoio ao candidato do BNG de Coristanco, o escritor Xosé Antonio Andrade. 
Jose Antonio Andrade BNG Coristanco
40 persoas do eido da cultura manifestan o seu apoio a Xosé Antonio Andrade como candidato á alcaldía de Coristanco

Manifesto de apoio a Xosé Antonio Andrade, candidato á alcaldía do Concello de Coristanco

Os que asinamos este manifesto somos xente de diversos ámbitos profesionais con sensibilidade e conciencia democrática. Cidadáns que entendemos a política como un servizo público, que rexeitamos as prácticas corruptas e defendemos a necesidade dun compromiso colectivo respectuoso coas normas de convivencia imprescindibles para coexistir en liberdade.

Esta concepción da política como ferramenta básica para entendernos e traballar polo benestar xeral, fóra de intereses partidistas ou de enriquecemento persoal, é o motor que nos impulsa a apoiar a Xosé Antonio Andrade como candidato á Alcaldía de Coristanco de Bergantiños.

E facémolo publicamente porque estamos plenamente convencidos de que representa, coma poucos, todos eses valores humanistas e políticos que fundamentan o Sistema Democrático: honradez, honestidade, compromiso social, coherencia intelectual, capacidade de xestión, talento para a formulación de consensos e, por riba de todo, un amor inmenso por mellorar a calidade de vida da xente, o medio ambiente e a terra que nos alimenta.

ASINAN:

  • SANTIAGO PAZOS IGLESIAS (SOCIÓLOGO).
  • MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO (POETA E EDITOR).
  • MODESTO FRAGA MOURE (POETA).
  • FERNANDA RODRÍGUEZ CAAMAÑO (SOCIÓLOGA).
  • XURXO SOUTO (MÚSICO E ESCRITOR).
  • XAN FRAGA (HISTORIADOR).
  • RAMÓN TASENDE POMBO (LIBREIRO).
  • XOSÉ IGLESIAS (MARIÑEIRO E POETA).
  • OLGA RODRÍGUEZ DÍAZ (MESTRA).
  • ANTONIO GARCÍA DE SEAREZ (XORNALISTA).
  • NATALIA LEMA OTERO (ESCRITORA).
  • ANGEL LOSADA CIDRE (GUIONISTA).
  • XAN FERNÁNDEZ CARRERA (ESCRITOR E PROFESOR).
  • MON LENDOIRO (ARTISTA PLÁSTICO).
  • JOSÉ MATA CANEDO (XORNALISTA).
  • FERNANDO CABEZA QUILES ( ESCRITOR E PROFESOR).
  • CHEÍÑO DE TÓ (DISEÑADOR GRÁFICO).
  • XOSÉ MANUEL VARELA VARELA (EDITOR E PROFESOR).
  • LOURDES REY (DISEÑADORA GRÁFICA).
  • JOSÉ ANTONIO GARCÍA CANEDO (AUXILIAR DE FARMACIA XUBILADO).
  • FARRUCO GRAÑA (ESCRITOR E PROFESOR).
  • CARMEN COTELO (ACTRIZ).
  • ANTONIO TARACIDO (PROFESOR E ARTISTA MULTIDISCIPLINAR).
  • ANTONIO FERNÁNDEZ (FOTÓGRAFO).
  • SANTIAGO PICOS (PINTOR).
  • MIGUEL ANXO CALVO (O’MIGHELO) (ARTISTA MULTIDISCIPLINAR).
  • XABIER FRANCISCO GRAÑA (ADMINISTRATIVO).
  • SILVIA TASENDE COTELO (XORNALISTA E PROFESORA).
  • LUÍS RIAL RODRÍGUEZ (ADMINISTRATIVO).
  • MARÍA CANEDO (ORNITÓLOGA).
  • MONCHO IGLESIAS (XUBILADO).
  • ANTONIO GARCÍA LOSADA (PROFESOR XUBILADO).
  • MILAGROS COTELO (PINTORA).
  • ANTONIO PACORET (MESTRE).
  • ANTÓN RODRÍGUEZ LISTA (XUBILADO).

Comentarios