Luns. 20.05.2024
El tiempo

Jorge Sarabando trae a Revoluçao dos Cravos ao Casino1889

Revolucion dos cravos no Casino
Jorge Sarabando trae a Revoluçao dos Cravos ao Casino1889

Este venres, día 10 de maio, ás 20h, terá lugar no local do Casino 1889 de Carballo unha palestra titulada "A revolução dos cravos: vivências a norte". Unha cita para para conmemorar os 50 anos da revolución portuguesa, a cargo de Jorge Sarabando, resistente anti-fascista em Portugal, en representación da Associação Conquistas da Revolução.

Jorge Sarabando viviu a actividade política na clandestinidade antes da revolución e, coa axuda dalgunhas imaxes da altura, repasaremos algúns acontecementos históricos que marcaron o antes, o despois e o propio día do 25 de Abril de 1974, nunha perspectiva máis particular, centrada nos acontecementos no norte de Portugal, en particular na cidade do Porto.

Comentarios