Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Faro Vilán ponse de gala coa Galería Manolo Eirín

Galeria Manolo Eirin no Faro Vilan
O Faro Vilán ponse de gala coa Galería Manolo Eirín

Fermosa inauguración a que se viviu este sábado dunha nova exposición na sala de exposicións do Faro Vilán. O único Faro vivo, aberto, da Costa da Morte, acollía a presentación dun proxecto de colaboración coa Galería de arte contemporánea Manolo Eirin e o Atelier du Hezo, un taller-galería de arte da Bretaña francesa dirixida por François Jeune, para poñer en valor o que todos coñecemos como Finisterre (e que os romanos chamaban anteriormente "finis terrae"), traducido como a fin do mundo.

Exposicion no Faro Vilan

A exposición toma como referencia o texto de Roger Brunet, “O sentido da distancia". Dende hai tempo as dúas galerías de arte desenvolven un proxecto multidisciplinar e internacional de encontro, diálogo e promoción dos artistas de cada un dos seus territorios, as formas de facer e de vivir a arte, con paralelismos pero con diferenzas.

No acto de presentación fíxose un homenaxe a Manuel Facal artista e compañeiro que faleceu fai pouco.

Comentarios